Ir ao contido da páxina
7H Coop

Delas Fest 2019

Entre o 9 e o 15 de decembro de 2019, a comarca de Santiago converteuse no epicentro da primeira edición do Delas Fest.

Grazas á colaboración da Deputación da Coruña; o Concello de Ames; o Concello de Teo; o Concello de Santiago; e ao patrocinio e colaboración de distintas empresas e entidades (Cuarto PexigoPinturas PROAGadis; Fogar Natural; Infinita Viajes, e Dinamo Publicidade), puidemos desenvolver numerosas actividades en distintos espazos da bisbarra coa participación de oito creadoras feministas que, desde diferentes disciplinas, sensibilidades e enfoques traballan desde unha concepción do espazo público como plataforma de expresión artística e intervención política.

Ademais de tres intervencións murais -a cargo de BtoyDúo AmazonasLorena Cosba-, unha demostración de muralismo e un obradoiro de iniciación á arte urbana de guerrilla, celebramos unha xornada de conversa e debate na procura de visibilizar “Onde están as mulleres na arte urbana?”. 

Lara Seixo, curadora de numerosos festivais de arte urbana e directora de MistakerMakerVegan Bunnies, recoñecida expoñente do graffiti catalán, e as artistas e graffiteiras galegas Lupita Hard e Iria Fafián, completaron coa súa presenza nas actividades o cartel da edición inaugural. 

Descarga a memoria

Obradoiros e encontros

  • Introdución á arte urbana de guerrilla

    Impartido pola graffiteira e activista, Vegan Bunnies, o obradoiro de introdución á arte urbana de guerrilla organizouse coa vontade de achegar as posibilidades desta disciplina como ferramenta que democratiza a expresión e intervención no espazo público.

  • Elas tamén Pintan: demostración de muralismo

    Unha demostración práctica entre 7H Cooperativa Cultural e varias ex alumnas do programa artístico educativo Elas tamén Pintan, permitiu achegar ás técnicas do muralismo contextual ao ensanche compostelán desde unha perspectiva de xénero.

Murais