Ir ao contido da páxina
7H Coop

Delas Fest 2025

Chega a VII edición do Delas Fest, o noso programa feminista de arte urbana contextual. Súmaste á posta en valor das mulleres creadoras e da cultura viva?

Máis información

Nado en 2019, o Delas Fest é o primeiro festival feminista de arte urbana contextual en Europa. Desenvolvido cun prisma comunitario, con intervencións vinculadas á historia, o contexto socio histórico e a comunidade local, xorde como continuación do noso programa Elas tamén Pintan, laboratorio feminista de arte urbana (polo que recibimos o Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero, da Deputación dá Coruña, en 2018). 

Co obxectivo principal de reducir a discriminación cara ás artistas, combater os estereotipos de xénero e poñer en valor o capital social da comunidade local, especialmente das súas mulleres, como produtoras de sentido e de coñecemento, o programa presenta cada ano un cartel composto exclusivamente por mulleres e diversas actividades para todas as persoas.  

O programa contempla dúas convocatorias: Muros en man común, aberta todo o ano e, que busca crear un repositorio de paredes para a súa transformación artística, e Anfitriónate, coa que en cada edición se mobiliza á veciñanza e ao tecido asociativo dos lugares onde se realizarán cada unha das novas intervencións.  

Muros en Man Común

Edicións anteriores