Ir ao contido da páxina
7H Coop

A cooperativa

Esta cooperativa é un lugar de convivencia, un fogar. Un proxecto no que compartimos tempo, espazo e preguntas. 

Como cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro, nacemos no 2015 ao amparo do Premio Emprende Gaiás-Sixto Seco á mellor idea empresarial creativa. Pero o de empresarial aquí só se entende desde ese outro lugar no que nos situamos. O noso era, e segue a ser, un proxecto de autoemprego colectivo, un modelo de ser (e de facer) asentando na economía social solidaria e, por tanto, centrado nas persoas e na comunidade.

Así entendemos tamén o cultural e o artístico. En 7H cremos nas culturas vivas, orgánicas, relacionais, esas que se nutren co contexto, as que se constrúen entre todas. Cremos na creatividade como ferramenta para transformar o que semella inamovible ou inexplicable e na arte que non (só) decora, senón que cuestiona, que move, que coida. 

Por todo isto, para nós é tan importante o que facemos, como os valores que nos guían neste camiño compartido. Graciñas por adentrarvos (e facer) fogar con nós: 

SOMOS (persoas)
(con) VALORES
FACEMOS (xuntas?)