Ir ao contido da páxina
7H Coop

(con) VALORES

Como en cada casa, somos as persoas e os nosos valores compartidos os que facemos fogar. En 7H Cooperativa Cultural escollemos facer poñendo no centro o que nos sostén: o compromiso, a comunidade e os coidados. Non só somos cooperativa porque así o di a nosa forma legal, senón porque cremos no modelo que representa: a economía social e solidaria como camiño para transformar realidades e relacións laborais.

A nosa aposta é política, cultural e vital: emprender con valores, construír rede desde a base e poñer as necesidades das persoas e da contorna por riba de calquera beneficio económico. Sabemos que a cultura pode ser lugar de encontro e transformación. Por iso, escollemos facer desde aquí, con este compás ético que guía o noso traballo diario.