Ir ao contido da páxina
7H Coop

Taller de Análise de Obra

Ano
2016
Lugar
Galicia
Xestión e mediación cultural
Publicacións

O TAO (Taller de Análise de Obra) foi un espazo de formación e aprendizaxe colectivo entre pares, construído en colaboración con Desirée Vidal, socia fundadora de Offmuseum, co fin de impulsar e enriquecer o intercambio entre doce artistas seleccionadas nunha convocatoria aberta e nove axentes culturais convidadas polo programa, así como de promover a diversificación e o fortalecemento do circuíto artístico galego.

Inspirado no Taller de Análise e Confrontación de Obra da entidade arxentina El Levante, o obradoiro permitiu ás participantes madurar, examinar e contrastar os seus traballos e procesos mediante a súa exposición e a posterior análise crítica  e construtiva por parte do grupo nun ambiente de diálogo e intimidade profesional.

A realización da experiencia foi ademais posible grazas á colaboración do Salón Teatro, a Fundación Granell,Campus Stellae, a Galería Metro, a Cidade da Cultura, a Universidade de Santiago, o Matadoiro Compostela, o Auditorio de Galicia e  o Centro Galego de Arte Contemporáneo.