Ir ao contido da páxina
7H Coop

ReDescubrir o Rural

Ano
2018
Lugar
Santiago de Compostela
Educación artística e formación
Comisariado

Seleccionado nos orzamentos participativos Compostela Decide 2018, este proxecto formativo e de creación na natureza reivindica a expresión artística no rural e a necesidade de por en valor os espazos naturais de Santiago de Compostela.

Conscientes da riqueza e complexidade que implica a convivencia de áreas rurais e urbanas no concello, así como da necesidade de descentralizar as actividades para equilibrar territorialmente as opcións de ocio alternativo, o programa combinaba contidos teóricos e experimentais baseados nas ferramentas de expresión propias do movemento Land Art.

Destinado á mocidade compostelá, a colaboración coa empresa All The Fat, tenda local de referencia para a cultura urbana, permitiu incorporar no proxecto unha campaña de moda baixo o lema #SomosRurUrbanos.