Mulleres en Círculo: a cabaña vermella
- Ano
- 2016
- Lugar
- Santiago de Compostela
- Cliente
- Universidade de Santiago
- Cultura comunitaria e prácticas artísticas participativas
- Comisariado
O 18 de marzo inaugurábase na Igrexa da Universidade a exposición work-in-progress Mulleres en Círculo, un proxecto de investigación e creación colectiva iniciado pola artista ourensá Reme Remedios (Romiña, 1972).
Desenvolta ao abeiro da Bienal Miradas de Mujeres 2016 baixo a produción da Universidade e o Concello de Santiago, o obxectivo principal da nosa proposta foi poñer en valor o traballo artístico que xurde cando as mulleres dispoñemos dun tempo e dun espazo para crear xuntas desde a sororidade e a horizontalidade.
Por iso e aínda que a exposición foi inaugurada con obras creadas en círculos anteriores, o eixo central da proposta consistiu en xerar espazos de encontro e de creación colectiva, así como en ocupar con accións e obras o simbólico altar central da propia Igrexa, un espazo sagrado do masculino que fomos quen de reinventar grazas á arte feminista.
En apenas un mes de duración acudiron á exposición máis 1.500 persoas, conformouse un grupo de creación con 32 mulleres de diversas idades e procedencias e celebráronse un total de 13 actividades, ademais de charlas e encontros sobre creatividades e feminismos.