Ir ao contido da páxina
7H Coop

Exquisitamente vivas

Ano
2023
Lugar
Galicia
Cliente
FADEMGA Plena Inclusión
Cultura comunitaria e prácticas artísticas participativas
Educación artística e formación

En colaboración con FADEMGA Plena Inclusión Galicia e co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, desenvolveuse durante o mes de outubro e nas catro provincias galegas un taller de escrita creativa e colaborativa que nos levou a traballar con mulleres con discapacidade intelectual de entre 20 e 60 anos.

A proposta, que nacía para elaborar de modo colectivo o manifesto polo 25N da Federación de Asociacións con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento de Galicia, quería contar coa participación activa das mulleres usuarias que constrúen día a día as distintas asociacións da rede. 

Durante o mes de outubro e partindo de diversos exercicios creativos, reflexionamos coas 47 mulleres participantes ao redor do significado da violencia, os medos e como estes afectan á súa vida diaria. Pero tamén sobre as fórmulas e solucións que nos axudan a combatela. Empregamos escritura, debuxo e fotografía para crear 4 instalacións artísticas, 4 fanzines e 4 poemas que serviron de base para a obra final: “Quérome, Respéctame, Valorádeme” un manifesto creado entre todas e que se converteu nunha campaña propia, con cartelaría, camisolas e acto de lectura colectivo incluído.