Didácticos Audiovisuais
- Ano
- 2016-2019
- Lugar
- Santiago de Compostela
- Cliente
- Concello de Santiago
- Educación artística e formación
Destinado ao alumnado dos centros de ensino primario e secundario da comarca de Santiago, este programa lúdico-pedagóxico de difusión da cultura audiovisual procura facilitar un achegamento crítico ao eido audiovisual desde unha mirada consciente e comprometida coa realidade social.
A través da exploración da relación narrativa entre a linguaxe cinematográfica e outras formas de expresión artística, como a música ou a danza, a estrutura de contidos, organizada por eixos temáticos, combinaba a realización de actividades de mediación docente e obradoiros nas propias escolas e colexios, con sesións de proxección e análise colectiva de curtas e filmes no Auditorio de Galicia.
Iniciado no curso 2016/2017, o proxecto contou cunha grande acollida e participación nas súas tres edicións, involucrando en cada anualidade a máis de 30 centros escolares.