Elas tamén Pintan: demostración de muralismo
Unha demostración práctica entre 7H Cooperativa Cultural e varias ex alumnas do programa artístico educativo Elas tamén Pintan, permitiu achegar ás técnicas do muralismo contextual ao ensanche compostelán desde unha perspectiva de xénero.
A partir dun boquexo inicial modificado en directo coas achegas das participantes, puidemos explorar as posibilidades do muralismo feminista a pequena escala nunha das paredes de acceso máis frecuentadas as galerías comerciais.
O grupo, conformado por persoas de distintas idades e perfís, elaborou unha composición na que reflectiron o pasado, o presente e os desexos de futuro para este espazo de barrio, atendendo especialmente ao rol da muller dentro das dinámicas do mercado.